O TRIPARTITO FAI DAS OBRAS INICIADAS CO PP AUTÉNTICAS CHAPUZAS

Soliño denuncia a execución dalgunhas das obras xa iniciadas na pasada lexislatura que amosan importantes deficiencias. Tamén o parcheo dunha das rúas do casco vello, lugar de especial protección.

O PP de Cangas sinala a deficiente execución da obra de mellora das beirarrúas e a iluminación da avda. de Vigo, “comezamos a traballar dende Pedra Alta e xa se tiñan arranxado uns 450 metros”,  levantando beirarrúas, poñendo novas plaquetas e eliminando barreiras arquitectónicas, sinala o concelleiro popular, que denuncia que os actuais xestores deron un xiro de 180 grados convertindo esas beirarrúas “nunha montaña rusa, con barreiras arquitectónicas e beirarrúas con sarampión”, ironiza, en alusión a que non se da continuidade ao pavimento.

Tamén se mostrou crítico co o uso de asfalto para parchear a rúa Álvaro Guitián, que conecta a avda. de Vigo co cruceiro de Síngulis. Recorda que trátase dunha zona protexida e que a empresa Extraco está obrigada por contrato a realizar esas melloras.

2. Rafael Soliño Costas. 43 anos. Arquitecto Técnico pola UDC. Actualmente exerce de arquitecto técnico. Veciño de Cangas.