O PP VE INDICIOS DE IRREGULARIDADES NA OBRA DO APARCADOIRO DE ALTAMIRA

O grupo municipal do PP presentou unha moción para ter acceso a documentación da obra do aparcadoiro de Altamira (coñecido como o de Eroski). Como explica o voceiro popular Rafa Soliño a oposición leva tempo solicitando esta documentación sen ningún tipo de éxito. “O oscurantismo co que actúa o goberno tripartito neste asunto fainos sospeitar que se están cometendo irregularidades” afirma. “O certo que a día de hoxe seguimos sen coñecer o proxecto técnico coa memoria descriptiva correspondente, nin o prego de condicións de edificación ou orzamento por citar só algún exemplos” explica. “Tratándose dunha administración, que debe predicar co exemplo en canto a transparencia, continuamos sen ter acceso ao contrato nin tampouco o proceso de licitación realizado” engade.

Dúbidas sobre a seguridade

Por outra banda Soliño acusou ao goberno municipal de estar realizando as recollidas de aguas (despois dos problemas vividos este inverno con auténticas riadas de fango cara as rúas aledañas), sen o preceptivo estudio e sen o informe da empresa concesionaria (UTE Cangas), focalizando e concentrando as augas coa posible saturación da rede. “Se está a realizar recheos con material reutilizado sen os certificados de trazabilidade dos materiais aportados, en algún casos preto de vivendas sen ningún tipo de garantías da súa resistencia, coa posibilidade de que se podan producir deslizamento e derrumbes” remata.