SOLIÑO AMEAZA CON DENUNCIAR ANTE A FISCALÍA E A APLU O APARCADOIRO DE ALTAMIRA

Da un mes ao goberno tripartito para regularizar a situación. En caso contrario presentará denuncia ante Sanidade, Patrimonio, Seprona, a Axencia Protección da Legalidade Urbanística (APLU) e Fiscalía.

O Partido Popular de Cangas quere rematar coa polémica co goberno local entorno ás obras no aparcadorio de Altamira. Os populares defenden que o actual goberno local asinou unha cesión de terreos por 15 anos cuando están inmersos nun proceso de embargo, “polo que ven sendo un brindis ao sol” enfatiza o edil popular Rafa Soliño. A oposición continúa denunciando diversas irregularidades ao redor desta obra, “non se solicitaron os permisos precisos a Sanidade e Patrimonio ao actuar lindando cun cemiterio municipal” explican, “non houbo proceso de licitación da obra, realizando un fraccionamento irregular do contrato, facendo por un lado o acondicionamento do aparcadoiro por 19.000 euros e o “acceso” polo Centro de Saúde por outro por un importe de 11.000 euros e todo cun IVE do 10% cando corresponde o 21%” continúan enumerando. “O proxecto subido estes días á web municipal ten data de abril do 2016, meses despois de terse iniciado as obras, polo que se demostra que eran certas as nosas denuncias de que os traballos non contaban con ningún proxecto dende un inicio” sinala Soliño. Respecto aos materiais utilizados para explanar o terreo, “non existe o certificado de trazabilidade, habendo entre os mesmos uralita, altamente contaminante” explica. Deste xeito os populares responden ao desafío lanzado polo rexedor local sobre se estaban dispostos a denunciar estes feitos, “non imos alimentar máis a polémica sobre este asunto, se persisten na súa irresponsabilidade, xa non terán que responder nos medios de comunicación senón nos xulgados” rematan.

PP anti-aparcadoiro

Sobre as acusacións lanzadas polo goberno tripartito de que os populares están encontra de incrementar as prazas de aparcamento públicas no centro da vila dende a formarción son contundentes, “é absurdo, fomos nós no goberno con motivo dunhas obras no centro da vila os que puximos en marcha este aparcadoiro provisional” lembran. “O fin non xustifica os medios e a lei está para cumprila”.