O PP PRESENTA UNHA MOCIÓN PARA QUE O TRIPARTITO PRIORICE NA CONTRATACIÓN DE PERSOAL NO PLAN CONCELLOS

O grupo municipal presentou unha moción instando ao tripartito a solicitar a cantidade máxima de fondos do Plan Concellos 2017 para a contratación de persoal.

“Enteramonos pola prensa que o Concello a diferencia de outros anos, non solicita dentro do Plan Concellos 2017 a máxima cantidade que lle corresponde da liña 3 adicada ao emprego, é dicid o 22,5% da cantidade total – serían 245.030,238 dun total de 1.089.023,28 euros”  explica a edil popular Dolores Hermelo na moción. “En dita noticia aparece que solicitan case 200.000 euros e que o Concello tería que aportar 140.000 euros. É decir, solicitan case 50.000€ menos do que podían, o que demostra unha vez máis a profunda preocupación polo emprego do actual goberno. Polo menos de parte del”, engade a concelleira a vez que pon de manifiesto que pese o sinalado polo propio alcalde e reflectido nos medios locais a proposta presentada por ASPUN para equiparar salarios a igual traballo (en referencia as contratacións de persoal a través da Deputación de Pontevedra) foi aprobada unicamente cos votos do propio grupo e do PP de Cangas e unha compañeira de goberno, absténdose o resto de formacións, “incluído o señor alcalde que tanto saca peito agora” destacan o populares.

“Ao noso entender non se poden amparar na cantidade que terían que aportar (minten unha vez máis, para 29 traballadores, seis meses, o Concello aportaría entorno a 90.000, non 140.000 euros) pois hai exemplos dabondo onde malgastan unhas veces despilfarrando e outras por incapacidade na xestión, moitos centos de miles de euros sen que se ruboricen, e sen embargo racanean en cuestión como esta onde tódalas Administracións débense implicar” afirma Hermelo. “Por iso presentamos unha moción instando ao Equipo de Goberno, a que solicite dentro da liña 3 do Plan Concellos 2017 a cunatía máxima (o 22,5 da cantidade total) para que se contrate o número máximo de trabajadores” remata.

Para ler a moción completa pinche aquí: Moción emprego