O PP ACUSA A PAZOS DE MANTER PARALIZADA A MANCOMUNIDADE

Os populares sinalan que esta situación foi recoñecida pola nova presidenta, a alcal- desa de Moaña ao presentar a Conta Xeral de 2018.

“O voto en contra do sr. Abalo na Comisión de Contas aos Orzamentos 2020 deixa patente a falta de consenso entre os gobernos de Cangas e Moaña” afirman.

Recordan que Pazos incumpriu o acordo plenario no que se comprometeu a celebrar baixo a súa presidencia unha asamblea para abordar as necesidades sanitarias da comarca.

O PP de Cangas acusa a Pazos de manter paralizada a Mancomunidade do Morrazo durante a súa presidencia rotatoria que finalizadou o pasado mes de decembro. O pasado xoves celebrouse por primeira vez dende fai varios anos a Comisión de Contas para aprobar uns novos orzamentos para o ente supramunicipal, que leva traballando dende o ano 2016 cos orzamentos prorrogados. “A actuación de Pazos nestes anos foi inadmisible e amosa o auténtico compromiso e aposta pola Mancomunidade por parte da súa formación” sinalan, a vez que lembran que o alcalde de Cangas se tiña comprometido a celebrar a asamblea da entidade antes de abandoar o cargo para abordar as necesidades sanitarias da comarca, “algo aprobado en pleno e que como de costume, nunca cumpriu” engaden. “En dous anos de presidencia foi incapaz de elaborar uns orzamentos ou convocar os principais órganos de representación” lamentan. “A propia alcaldesa nacionalista de Moaña se viu obrigada a recoñecer o estado de paralise co que se encontrou a Mancomunidade para xustificar o le- var a comisión a Conta Xeral do 2018” destacan. “Presume de deixar superávit cando pou- co tivo que ver él, xa que foi fruto do aforro xerado pola prórroga do contrato das basuras” explican.

Novos orzamentos

Por outra banda os populares denuncian a falta de criterio e proxecto para a Mancomuni- dade por parte dos gobernos de Cangas, Bueu e Moaña. “O propio señor Abalo votou en contra das contas para 2020” declaran. Unhas contas que por outra parte buscan poñer en marcha novos servizos como o de turismo, a limpeza de camiños e de praias, estes últimos enfocados para a época estival mediante contratos externalizados. “Os que falan de municipalizar non perden o tempo en privatizar sempre que poden” ironizan a vez que denuncian que se segue sen aclarar por parte dos tres gobernos cal vai a ser o modelo de xestión para o servizo de recollida de lixo. “É a razón de ser da entidade e siguen sen desvelar se van a sacalo a licitación ou pola contra van a continuar co contrato prorrogado indefinidamente”. “Levan dous anos mareando a perdiz pedindo informes sen tomar unha decisión ao respecto” engaden. Os populares sinalan que para poñer en marcha novos servizos e necesario a implicación e compromiso dos tres concellos algo que, según a formación, non se da a día de hoxe. “Por unha banda falan de novos servizos cando hai concellos gobernados pola súa mesma formación que adeudan case 400.000 euros á Mancomunidade” explican. “Ou hai un compromiso orzamentario serio e riguroso ou será un novo brindis ao sol de quenes só saben gobernar de cara á galería” rematan.