O PP DE CANGAS DENUNCIAN A FALTA DE LIMPEZA E DESBROCE DE ROTONDAS E PRAIAS

O Concelleiro popular, Rafael Soliño, critica a falta de limpeza  e desbroce, tanto das rotondas de acceso ao Concello como dos areais municipais e afirma que non podemos ter espazos públicos en Cangas no actual estado no que se atopan.

Asegura Soliño que non se trata dun problema de medios, senón de actitude do equipo de goberno, cando non hai planificación, rigor e seriedade no que se fai os resultados son os de esperar,…, rotondas cheas de herbas que “enguellen” plantas e obxectos decorativos reducindo a visibilidade dos condutores, ata algunhas poden superar o metro de altura como sucede na rotonda de A Rúa. “De seguir así, ata a escultura do Gordo quedará tapado polas herbas. Se as entradas dunha casa estivesen desta guisa, como estará por dentro?”

Pero ademais das rotondas, tamén denuncia o estado no que se atopan areais como o de Rodeira, praia do centro urbano  que soporta multitude de bañistas, en mes e medio dende a foqueira de San Xoán, a día de hoxe, aínda se aprecian restos dos centos de cacharelas, porque desde o día 26 de xuño a máquina limpapraias tan só pasou unha vez en Rodeira, afirma.

Sabemos que o persoal de limpeza de praias está a recoller o groso da suciedade, pero o Concello non fai unha limpeza mecánica  periódica mediante limpapraias como corresponde a esta época do ano, e así non se consigue cribar e limpar tanto a area da superficie como dos primeiros centímetros de profundidade para retirar os residuos sólidos.

Soliño entende que non se trata dun problema de medios materias, e  así o advirte trala foto publicada na prensa o pasado 27 de xullo, onde a concelleira de servizos de Cangas xunto cos representantes dos Concellos de Bueu e Moaña recollían unha nova máquina limpapraias cedida pola Deputación provincial, moita foto e as praias a monte.

O Concelleiro popular dí que senón lle fallan as matemáticas xa serían 3 as máquinas das que dispón Cangas para a limpeza de praias: unha de propiedade municipal, outra mancomunada e esta última de nova adquisición; nembargantes o problema de suciedade  persiste tanto en Rodeira como  no resto de areais municipais, será entón un problema de gasolina ou dunha nova aficción ao coleccionismo da concelleira de Servizos, ironiza.

Sabemos, di Soliño, que para a limpeza se necesitan recursos pero tamén esforzos por parte do equipo de goberno para acadar resultados e conseguir que tanto as rotondas de acceso ao municipio como as praias se atopen en boas condicións, e este último , o esforzo do equipo de goberno, sen dúbida falla.