UN GOBERNO QUE CONFUNDE AS INSTALACIÓNS MUNICIPAIS CON SEDES CLANDESTINAS

O Partido Popular de Cangas quere denunciar o uso irregular de instalacións municipais por parte do BNG.

O grupo municipal do Partido Popular quere denunciar que hoxe o BNG, formación política que forma parte do actual equipo de goberno do Concello de Cangas, utilice de maneira clandestina e irregular un local do Centro de Maiores para un acto político.

O portavoz popular afirma que ao igual que fixera “Mareas” nas eleccións pasadas cando utilizou de maneira indebida e partidista medios e persoal municipal agora volven ás andadas, pero esta vez tócalle ao BNG quen dispón dunha instalación municipal non habilitada pola Xunta Electoral de Zona, tal e como se pode comprobar no BOP de Pontevedra nº 156 de data 17 de agosto de 2016, onde se aproban e relacionan os locais e lugares públicos reservados para a realización gratuíta de actos políticos a proposta dos respectivos Concellos.

Pregunta o concelleiro popular que, dende cando se autoriza o uso de locais públicos para actos políticos en instalacións municipais que non fosen previamente autorizados pola Xunta Electoral competente?

Soliño recomenda que se teñen actos privados que celebrar e que non queiran facelos nas súas respectivas sedes locais, polo menos que utilicen aqueles establecementos municipais habilitados para elo como o resto de grupos.

 

Material electoral a plena vista.

Material electoral a plena vista.