O PP RECLAMA MÁIS SOLO INDUSTRIAL PARA CANGAS

Os populares denuncian a parálise do goberno local neste asunto: “estamos perdendo a nosa posición de motor económico da comarca” afirman.

O Partido Popular de Cangas reclama ao goberno local que se traballe na amplición do sólo industrial no municipio. Dende a formación lembran as propostas “peregrinas” realizadas dende o goberno dende o 2015, “quedan na memoria de todos o retorno á agricultura de certa formación ou establecer un novo polígono na canteira de Rodal do señor Abalo. Pa- san os anos e nada se sabe” ironizan. “Mentres tanto outros concellos da contorna están facendo os deberes” engaden. “É fundamental para atraer a novas empresas e dinamizar a nosa economía e a creación de emprego a oferta de novo solo industrial” enfatizan, “e para iso hai que ter unha política de ordenación do territorio clara, algo imposible con este goberno que ten gardado o PXOM nun caixón sine die” engaden.

“Non lles gusta turismo como deixan clara ano tras ano cunha peor planificación da tempada estival, recortando servizos e ninguneando ao sector e as súas demandas. Tampouco lles gusta a industria. Resultado? O noso municipio xa destrúe emprego ata en verán” declaran. “Sen emprego non hai futuro e menos cando os que máis están a sufrir esta situa- ción é a mocidade como reflexan os datos de desemprego do mes de agosto” destacan.

Servizo do lixo

A oposición reparte culpas entre a empresa e os responsables municipais das deficiencias do servizo de recollida do lixo. “Deixaron vencer o contrato sen plantexar alternativas coa prometida municipalización do servizo que como sempre nunca chega. Informes que como din o contrario do que se pregoa se agochan e así pasan os anos… e agora se sorprende da situación que estamos a vivir?” preguntan. “Este é o resultado da incompetencia e pasotismo de quenes levan gobernando dende o ano 2015, por moito que traten de tapar a súa responsabilidade coa empresa” enfatizan. “Moito nos tememos ca situación vai para largo aten- dendo ao ritmo de traballo ao que nos teñen acostumados” ironizan.