UN GOBERNO INFANTIL E SEN ESCRÚPULOS

O Partido Popular de Cangas denunciou no que levamos de lexislatura en distintas ocasións que Cangas ten un goberno que funciona a golpe de titulares (nalgún medio de comunicación) e que como maior logro ten, non ser capaz de levar a cabo ningunha das medidas que a “bombo e platillo” anuncia. Un goberno por accidente, que non por gañar as eleccións, que levará en pouco tempo o caos a todas as áreas de xestión.

Ao Partido Popular de Cangas este goberno irresponsable, infantil e sectario non nos vai a dar leccións nin de traballo nin de xestión, nin por suposto de honestidade. Amparándose nos titulares dun medio de comunicación, anuncian que apareceron as aras do Facho nun almacén do Auditorio Municipal, cando todos sabemos, inclusive o alcalde, que sempre estiveron no Auditorio e se aí están é pola falta de xestión entre outros do que hoxe é alcalde que alá polo ano 2008 sendo concelleiro de Cultura non foi quen de xestionar da que naquel momento ía ser a “Aula de Interpretación” en Donón. Os cartos, ata 600.000 € procedentes duns fondos PRODER os deixou o goberno municipal do Partido Popular 2003-2007 para a súa posta en marcha pero o tripartito o perdeu .

Despois foi a desaparición dun anel, que segundo un medio de comunicación ía ter que abrir unha investigación pois non aparecía na caixa forte do departamento de Tesourería. O día seguinte, novo capítulo da fotonovela, apareceu por arte de maxia debidamente inventariado. E o que é xa é o último capítulo,  o informe dunha funcionaria do servizo de Intervención.

Son tan vagos que lles costa traballo baixar unhas escaleiras e preguntar? Ou será porque o ascensor do Concello leva 3 meses sen arranxar? As afirmacións do citado informe que se achega son surrealistas, unha mostra máis do que vimos denunciando:

Cangas ten un goberno que goberna a base de titulares (dalgún medio de comunicación). Un goberno que é un lastre para o futuro de Cangas e que ademáis de ser goberno por unha burda estafa política é infantil, cun alcalde que non esquece as súas orixes e adícase á titiritada cotián. É só levamos 100 días.

Esiximos polo tanto ao alcalde como ao concelleiro de Cultura disculpas públicas por todos estes feitos.

 

Doc3 001

José Enrique Sotelo Villar, Pte. do Partido Popular de Cangas.