O PP CRITICA QUE O TRIPARTITO COMECE A REDACTAR O PXOM DENDE CERO

Os populares lembran que na actualidade existe un documento, elaborado en gran medida polo BNG, socio do goberno actual, na lexislatura 2007- 2011. O voceiro do grupo municipal do PP Rafa Soliño destaca que esta decisión foi tomada polo goberno municipal sen contar coa oposición e suporá gastar outros 400.000 euros no documento, renunciando a aprobalo na presente lexislatura.

Soliño non entiende como o BNG “permite a falcatruada” de Mariano Abalo, actual concelleiro de Urbanismo, de continuar coa súa política de “enredar, enredar para non facer nada”. O edil recorda que o BNG realizou boa parte do traballo contratado a Consultora Galega. “Non sei como permite que se tire todo ese traballo. Pero nin enroxecen”, comenta o popular que entende que a rescisión do contrato con Consultora Galega e o empeño de empezar de novo o PXOM tira por terra non solo o traballo de anos, senon tamén supón o despilfarro de fondos públicos.

O Partido Popular tamén critica a falta de transparencia no proceso, “van de catedráticos da transparencia e non informan de nada. Vale que a Mariano Abalo non lle gustara Consultora Galega, pero polo menos tiña que informar aos grupos da oposición da rescisión do contrato con Consultora Galega ni tampouco se nos convocou a unha reunión para consensuar o pliego de condicións, nin antes de aprobalo nin despois”, sinalan.

O PP de Cangas recorda que o BNG había expresado en varias ocasións o seu interés en manter e non comezar de cero co Plan Xeral, co fin de non perder tempo nun proceso que parece inacabable. De feito, nas negociacións para formar o goberno local tripartito, o BNG propuso como prioridade sacar adiante o PXOM o antes posible.